desescribir

somos un estudio galego de deseño
gráfico e editorial formado por Cibrán
Rico López e Suso Vázquez Gómez,
ámbolos dous arquitectos de formación.
Polo de agora podes ver unha mostra
do noso traballo en flickr, ou seguirnos
en twitter. Ata o ano 2010 editamos un
blog de deseño chamado 80magazine que
estamos a repensar. Na primavera do 2012
botamos a andar un proxecto editorial
de nome Fabulatorio. Dende o ano 2011
somos socios da dag.

O cartel que fixemos para o V Premio
de Arquitectura Enor foi premiado cun
Laus Plata no 2012. O libro El jardín en
movimiento
e os elementos coordinados
para arquia/próxima recibiron un
Laus bronce no 2013, e o poemario
kleinigkeiten/cousiñas no 2014. O fotolibro
Ostalgia foi galardoado nos d&ad awards
2014 e recibiu o premio «Mellor libro de
fotografía do ano» na categoría nacional
do PHotoEspaña 2014.

Podes poñerte en contacto con nós
no correo desescribir(at)gmail.com ou
nos teléfonos +34 678 432 691 (Cibrán)
e +34 635 366 039 (Suso).